28 jun 2017

No verán... lerás máis

Queridas lectoras e queridos lectores:
Non esquezades devorar con ansia canto libro de interese pilledes no verán. Aproveitade que temos máis tempo de lecer, e máis horas de luz natural... por non falar dos entornos naturais como xardíns e praias, que tanto favorecen a lectura... (e as esperas nalgunhas viaxes, que non son agradecidas, pero permítenos bucear entre páxinas!).

Pola nosa conta, déixamosvos algunhas recomendacións no último biblioletín.
A sección de veteranos/as do Club de Lectura non descansa: estamos lendo El corazón es un cazador solitario de Carson McCullers e Corredora, de María Reimóndez. Contamos comentalos cara a mediados de xullo, con algún produto gastronómico á altura da ocasión ;-)

24 jun 2017

X Xornada dos Clubs de Lectura de Galicia

O pasado sábado día 17 de xuño, tres alumnos e unha profesora do IES de Quiroga, asistimos a unha xornada no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, na que se reuniron varios clubs de lectura de diversos centros de ensino de toda Galicia.
A xornada comezou cun espectáculo de animación, seguido de diversos obradoiros nos que participaron alumnos e mestres.
Nos asistimos ao obradoiro de Radio Somerxida, con Luís Pardo , que consistíu na simulación dun programa de radio en directo, comentando o que estaba acontecendo no Pazo dos Congresos nesa xornada; tamén acudimos ao obradoiro de Versos en Pegatina, con Antía Otero, no que aprendimos a mirar doutro xeito as palabras.
Despois chegou a hora de xantar, que foi un pouco peculiar, xa que contábamos cuns vales que íamos cambiando por apetitosa comida no exterior do Pazo. Os xeados foron o mellor, pois facía moita calor.
Para facer a dixestión, aproveitamos para comentar libros con outros clubs de lectura (no noso caso co do IES María Soliño, de Cangas).
Chegando xa ao final, tivemos un encontro moi interesante e divertido co recoñecido escritor de novela xuvenil César Mallorquí.
E o remate da xornada estivo amenizado por un concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre.
Despois deste caluroso e entretido día, collemos o autobús de volta a Quiroga.
Alberto Losada (4º ESO)
Miguelanxo Prado, premio dos Clubs de Lectura 2017



O grupo de lectores/as que compartimos camiño cara a Santiago: Clubs de Lectura do IES de Quiroga, do IES Cosme López Rodríguez (A Rúa) e IES Río Cabe (Monforte).

4 jun 2017

E repetir o conto!

O xoves tocoulle ao alumnado do CEIP de San Clodio ter uns lectores e lectoras de contos (e poemas!). Aquí quedan estas imaxes que demostran o ben que o pasamos: