31 may 2017

Ler para outros/as

Aquí andamos aínda, preto do verán e das vacacións, que é o mellor tempo para ler!!!
A sección do alumnado anda un tanto desbordada de probas e traballos a final de curso, e decidimos non ler obras para facer comentario conxunto; iso si, participou activamente en varias das propostas de "Abril de libros, maio de letras": hoxe, por exemplo, parte do noso alumnado lector acudiu ao CEIP de Quiroga para lerlles uns contos e uns poemas aos nenos e nenas de infantil. Resultou unha experiencia moi boa e quedamos en volver para o vindeiro ano. Mañá repetirase a actividade, con outros lectores/as, esta vez no CEIP de San Clodio. Nestas imaxes podedes ver que ben foi todo:




A sección de adultos/as continúa co seu programa de lecturas, e despois de comentar o mércores pasado Patria de F, Aramburu e Presas fáciles de Miguelanxo Prado, establecéronse como seguintes propostas El corazón es cazador solitario, de Carlos McCullers e Corredora, de María Reimóndez.
Tamén fixemos unha xuntanza a maiores das de comentario, aproveitando que andaban por estas terras X. Estévez e a súa dona, Maribel, membros honorarios deste Club de lectura.