24 feb 2017

Poderos@s!!!

E ben, hoxe fixemos un oquiño para rematar de comentar Poderosa, de Sérgio Klein; aproveitamos para probar un produto típico da gastronomía lusófona (os pasteis de Belén!!!) e escoitar na voz de Vinicius de Moraes o "Soneto da fidelidade", ao que se facía referencia no libro.

A próxima lectura será Emily the strange.

Aínda que non deixamos constancia en imaxes, a sección de adultos do Club de Lectura tivo dous xantares literarios este mes: o primeiro o día 7, con Xosé Tomás (falamos de Nómades, Tolos, Manual de escola, sobre a ilustración de textos e o proceso de creación dunha banda deseñada...); e o segundo, o día 17, con María Lado e Lucía Aldao, que visitaron o noso centro nesa data.
Agora mesmo estamos lendo Fundación de Isaac Asimov, Verdedades de Iolanda Castaño e Xosé Tomás e Made in Spain. Cuando inventábamos nosotros, de Alejandro Polanco Masa.

7 feb 2017

Non estamos tol@s...

Lembrade que hoxe hai sesión do Club de Lectura para comentar Nómades e Tolos, de Xosé Tomás, aproveitando que vai estar connosco para desenvolver unha actividade (charla-obradoiro); Poderosa deixámola para a vindeira semana. Coma sempre, no segundo recreo. 
Na sección de adultos tamén teremos a ocasión de comentar estas obras e Manual de escola no xantar posterior. E xa queda menos para esa Fundación...