22 mar 2024

Club de lectura adultos- A trenza

  As participantes do club de lectura reuníronse para falar sobre o libro A trenza. Esta obra relata a vida de tres. Mulleres en tres puntos diferentes so planeta e con vidas completamente diferentes: a India, Sicilia e Canadá. Cada unha delas loita por facerse un oco nun mundo no que ser muller non é tarea fácil e onde ao final do libro as tres historias entrelázanse como unha trenza.


21 mar 2024

21 marzo- Día do Síndrome de Down

 Hoxe e como cada 21 de marzo é o Día Internacional do Síndrome de Down. Para celebralo contamos na Radio do IES de Quiroga “Onda Brava” con Ledicia cunha alumna de 2º da ESO que ten Síndrome de Down e con Jose, mestre de pedagoxía terapéutica en Down Ourense. Nesta conversa, as participantes do Club de lectura Naiara e Carmen pregúntanlles en qué consiste exactamente este síndrome, como é traballar con estas persoas ou cales son os principais mitos. Ledicia ademáis cóntanos que ademáis de ir cada mañá a estudar como os demáis compañeiros e compañeiras, acude os luns a Ioga, os xoves a Aula 10 en Monforte de Lemos e os venres a Down Ourense! Queredes saber máis? Escoitade a entrevista completa!

Ligazón á entrevista completa








Como en cada entrevista, as alumnas preguntáronlle aos entrevistados cales son os seus libros favoritos e estas foron as respostas.






20 mar 2024

Reunión Club de lectura Manga

  No club de lectura de manga este trimestre lemos “El profundo azul del cielo”, unha obra protagonizada por unha reclusa dunha cárcere e unha periodista que vai descubrir a historia que agocha.

Ao alumnado encantoulle e reunímonos para comentalo.


Ademáis propúxose unha actividade na que, a partir do proverbio xaponés no que se basea o libro “La rana del pozo no conoce la amplitud del mar, pero sí el azul del cielo”, cada alumna debuxou ou escribiu o que era para elas esta frase na súa vida. 

Os resultados foron así de marabillosos.
Júlia 1º ESO

Aida 1º ESO

Aynara 1º ESO




19 mar 2024

Reunión Club de Lectura Xoaniña de Deus

  

O alumnado do Club de Lectura reuniuse para comentar o libro de Xoaniña de Deus. Falamos do que significaría perder os recordos, quenes forman parte do noso día a día e o fan importante e que merece a pena.

Por iso propuxemos levar a cabo a seguinte actividade na que cada un deles investigará sobre a vida e os recordos dos seus avós ou alguén importante para eles.


18 mar 2024

Club de lectura Un elefante na sala de estar

 O alumnado do club de lectura reuniuse para comentar o libro Un elefante na sala de estar de Berta Dávila. Comentaron que pode levar a alguén a suicidarse, os estereotipos, e que facer se alguén que coñecemos ten este tipo de ideacións. 

Como actividade, a partir do proverbio hindú que se explica no libro, cada alumna investigará os diferentes punto de vista que teñan diferentes persoas sobre alguén que elixan. Reflexionaremos: de verdade alguén é capaz de coñecer 100% a alguén? 

Proverbio hindú: Catro sabios cegos querían saber como era verdadeiramente un elefante e pedironlle ao rei que lles deixase tocar un. Un tocou a cola do elefante e dixo: un elefante é coma unha corda. Outro tocou o bandullo e dixo: un elefante é coma un tambor. Outro tocou a orella e dixo: un elefante é coma un abano. O último tocou unha das patas e dixo: un elefante é coma o tronco dunha árbore. Como non se poñian de acordo preguntáronlle ao rei que deles

os catro dicía a verdade e o rei contestou asi: o que cada un de vós dixo é unha cousa certa, pero todos estades equivocados. Un elefante é a usma de todo iso e, se ademais de vós houbese aquí catro sabios máis, outras catro outras

cousas sería.




13 mar 2024

Charla Dr Isorna- Adiccións con e sen substancia: claves para entender e educar desde a familia na era dixital

 Nas últimas décadas, as sociedades occidentais experimentaron uns cambios tan acelerados que moitos pais, nais e educadores vémonos desbordados polos novos retos e desafíos que conleva a educación dos nosos fillos. O uso de móbiles, Internet, videoxogos e redes sociais, así como o consumo intensivo de alcol, cánnabis, o fenómeno do vapeo e a proliferación de novas substancias psicoactivas, configuran un panorama sumamente incerto e complexo que require unha profunda reflexión colectiva. A miúdo cuestionamos as posibles motivacións dos nosos fillos adolescentes para participar nestes comportamentos e prácticas de risco, pero igualmente importante é examinar as deficiencias que poden existir en moitas das familias. Con moita. A miudo solemos poñer o foco nos adolescentes de maneira automática, pero en menor medida non solemos examinar os posibles erros cometidos polas familias, polos propios centros educativos e institucións. É esencial comprender que se trata dunha responsabilidade compartida, onde familias e centros educativos deben colaborar de maneira conxunta e orientada cara a un obxectivo común. O profesor da Universidade de Vigo, Manuel Isorna Folgar, experto en prevención escolar e comunitaria e investigador compartirá abertamente as súas reflexións nun esforzo por identificar algunhas claves para comprender e previr estes desafíos desde o ámbito familiar.






Ademais, o Dr Isorna recomendounos varios libros para que as familias que lles interese profundicen na temática




Esta actividade foi compartida en diferentes medios como os periódicos e redes sociais do Concello ou do CEIP de Quiroga:












2 feb 2024

Nova reunión Club de Lectura 2º Trimestre

 




Neste trimestre os libros que leremos no Club de lectura serán:
- Xoaniña de deus de @albaguzzman 
- Un elefante na sala de estar de @berta_davila 
- O caso do falso accidente de @jordisierraifabra_oficial 

Pola súa banda o club de lectura manga lerá El profundo azul del cielo de Marco Kohinata

E o club de lectura de adultos lerá A trenza de Laetitia Colonbani.

Os libros xa están dispoñibles na biblioteca!